QUE FACER?

Do Fene Rock ao Festival das Núbebes

Moito a facer nesta fin de semana: música, teatro, banda deseñada...e artes escénicas para os naipelos!!

SEXTA FEIRA, SÁBADO E DOMINGO

Fene Rock

Fene

Paseo Marítimo de San Valentín

20.00h

O festival de rock arranca con Dakidarria, Knyp Dyolf, Moonshine Wagon, Los Tigres del Cañotas; o sábado con Boikot, Superoito, Rebel Root e Electric Mojo; e domingo con Los Zares. 

fene

Festival das Núbebes

Pontevedra

Varios lugares

Até o día 25.

Festival de artes escénicas para bebés, de 0 a 3 anos. Haberá teatro, contos, danza, música, conferencias, talleres... Con especial atención á discapacidade visible e invisible.

De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego

Vilagarcía de Arousa

Sala de Exposicións do Auditorio

Até o 8 de Outubro

Unha exposición que percorre a evolución, cunha perspectiva histórica, da Banda Deseñada Galega desde Castelao até a actualidade, organizada pola Deputación de Pontevedra.

SÁBADO

Festival do Leite

Santiago de Compostela

Parque de Belvís

14.00h

Con música para toda a familia e a modo de romaría, o Festival ten preparada unha sesión vermú a cargo de Os da Ría e Tony Lomba, Novedades Carminha, Familia Caamagno, Ataque Escampe e Eladio y Los Seres Queridos, entre outros. Ademais, contarán con puntos para entregar alimentos de primeira necesidade con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos.

DOMINGO

Teatro dos Ghazafelhos

Catoira

Auditorio Municipal 

12.30h

Contos para escagarriñarse, unha proposta de teatro infantil con tres historias de terror e medo da tradición popular: a Santa Compaña,  as lavandeiras,  os mortos vivos  e  a cabra montesina. 

Cantigas e Agarimos 

Palas de Rei

Praza do Concello

18.00h

Cantigas e Agarimos actúa dentro do ciclo Danza3, proposta que mestura espectáculos de baile e música tradicional a pé de rúa e en teatros. 

Comentarios