Día das Letras 2014 para Xosé María Díaz Castro

O poeta lugués foi a figura escollida pola Academia galega para homenaxear o 17 de maio. Vídeo no interior

 

...A espranza nos teus ollos se espreguiza./ Aran os bois e chove." 

Eses versos de Xosé María Díaz Castro son entoados acotío e con virtuosidade por Mini e Mero, autores que musicaron o seu poema Penélope. A Academía Galega anunciou esta sexta feira que o poeta e tradutor de Guitiriz (Lugo) será o homenaxeado no Día das Letras do vindeiro ano. 

O célebre poema, está recollido na súa obra Nimbos, considerada "un dos cumes da poesía galega moderna", como salienta no seu comunicado a RAG. Díaz Castro tomou parte da chamada "escola mindoniense" xunto con outros célebres autores como Leiras Pulpeiro Noriega Varela ou Álvaro Cunqueiro. 

Embora residise en Madrid, onde exercía como funcionario, o xa eleito protagonista das nosas letras para 2014 mantivo sempre un fondo compromiso coa lingua e cultura do noso país. 

Comentarios