QUE FACER?

DesOrdes Sonoras, festival artístico-musical

Familia Caamagno, Sokram, Bala, The Fabulous Resaca Brothers e Croma partillarán escenario esta fin de semana en Ordes, no marco do festival artístico-musical DesOrdes Sonoras

Sexta feira

Eroski Paraíso
Santiago de Compostela 
Teatro Principal
Até 11.12.2016
20.30h

Eroski Paraíso, da compañía Chévere, é unha comedia que explora a memoria colectiva dunha xeración. Interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez.

Vai de bechos, con Charo Pita
Lugo
Biblioteca Pública de Lugo
18.00h

Charo Pita chegará acompañada dun león, un rato, un sapoconcho... e máis! Espectáculo con historias, adiviñas e cancións para crianzas de 0 a 3 anos. 

Sábado 

Desordes Sonoras
Ordes
Campo da Feira
A partir das 12.00h

ordes-festival-desordes-sonoras-normal-9-decembro-2016_rFestival con sesión vermú, roteiro guiado e actuacións musicais de Familia Caamagno, SOKRAM (Dios Ke Te Crew), BALA, The Fabulous Resaca Brothers e Croma. A sesión vermú (de 12.00 a 16.00h) contará coa actuación de Os Do Xalo; Live Painting (a partir das 12.00h) coas intervencións artísticas de NO3L e NÖMADA (Miguel Peralta/ Cestola na Cachola); e roteiro guiado aos murais do DesOrdes Creativas pola vila, realizado polo equipo de Mutante Creativo. 

Festival de curtas
Verín 
Auditorio Municipal e Casa da Cultura
Até 11.12.2016

A primeira edición do festival internacional de curtas Vía XIV abordará tres categorías centrais: Entroido, Emigración e Fronteira. Ademais, palestras, obradoiros de realización de curtas e actividades didácticas diversas. 

Ruxe Ruxe + Deseqilibrio Mental
Santiago de Compostela
Sala Capitol
21.00h

Ruxe Ruxe presenta en directo seu novo disco, 20”. Disco de celebración do vixésimo aniversario da banda galega de punk rock. No concerto estarán acompañados do grupo Desequilibrio Mental. 

Domingo 

Tufina, unha princesa porquiña
San Sadurniño
Casa da Cultura
18-19.30h

Mago Perlán pensa que a súa curmá, a princesa Tufina, vive nun castelo de chocolate porque lle envía cartas manchadas de cacao. Mais a verdade é que Tufina é moi desleixada. Perlán, facendo uso da súa maxia e da complicidade das crianzas, convencerá a Tufina da importancia da hixiene. Un conto para traballar coas crianzas o tema da hixiene e outros valores. 

Sahebbi (Amigo)
Santiago de Compostela
O Dezaseis 
Até 28.12.2016

Exposición fotográfica solidaria co Sáhara, realizada pola Asociación Sahebbi de Oroso. Trátase dunha mostra que nace coa vontade de colaborar cun centro de integración para menores con diversidade funcional e cunha asociación de vítimas de minas antipersoa. A venda das obras desta exposición destinaranse integramente a eses dous fins.

O mundo máxico de Pinocho
Ponteareas
Auditorio Reveriano Soutullo
18.00h

Espectáculo de teatro para o público infantil a carga da compañía Educateatro Producións, unha musical para crianzas maiores de 3 anos. 

Quarta Feira

Guadi Galego
Vigo
Teatro Afundación
20.30h

Presentación oficial do seu último traballo, O mundo está parado, no concerto de Nadal da UVigo, coa presenza no escenario de Javier Ruibal.

Comentarios