Desastronauts estrea 'Somos Circo' en Cangas

A 39º Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas é o lugar escollido pola compañía Desastronauts para presentar o seu espectáculo 'Somos circo'.  Após esta actuación darán inicio a unha xira de verán que pasará por Ordes, Boiro, Soutomaior, A Laracha ou Carballo.  
A obra 'Somos circo' de Desastronauts (Foto: Nós Diario).
photo_camera A obra 'Somos circo' de Desastronauts (Foto: Nós Diario).

Somos Circo é o novo espectáculo que estreará Desastronauts o vindeiro 3 de xullo na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (Xardíns do Señal, 20.30 horas). Esta mostra, que naceu nos anos 80, é hoxe un dos eventos de referencia a nivel nacional no ámbito do humor e o teatro cómico.

"Facemos circo rápido, divertido, acrobático e fermoso. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción", sinalan desde a mesma compañía, formada por Raquel Veganzones e Girisho Gordon

Case 20 anos de experiencia servíronlle a esta compañía para iniciar esta experiencia na que contan a historia da auténtica Raíña do Circo, protagonista no  trapecio, e do Gran Ditador do Circo.

Após esta actuación, Desastronauts darán inicio a unha xira de verán coa que percorrerán máis de dez localidades galegas como Ordes, Boiro, Soutomaior, A Laracha ou Carballo. Ademais, teñen previsto recuperar outros clásicos da compañía como Máis alto aínda

De Londres á inernacionalización

Os inicios de Desastronauts foron en Londres. Nesa cidade, Raquel Veganzones e Girisho Gordon estudaron na escola The Circus Spaces formaron a compañía Circo Expreso no 2004, que cinco anos despois mudou de nome e converteuse no actual.

Desde a súa fundación teñen levado as súa acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres.

Gordon chegou a participar no espectáculo de apertura das Olimpiadas Asiáticas en Qatar, e Veganzones levou o seu trapecio até o Caribe ou á India.

Comentarios