David Rubín e Emma Ríos no Viñetas desde o Atlántico

A mostra dedicada ao creador de El bueno de Cuttlas, a primeira homenaxe pública que recibe logo do seu falecemento, contará con 200 pezas orixinais da súa produción e un cento de obxectos de colección vinculados a súa obra.
Unha das salas da exposición dedicada a CAlpurnio. (Foto: Vanessa Rabade)
photo_camera Unha das salas da exposición dedicada a CAlpurnio. (Foto: Vanessa Rabade)

Hoxe, Viñetas desde o Atlántico 2023 contará coas sinaturas de dous dos grandes talentos do cómic internacional de orixe galega e estreitamente vinculados á cidade da Coruña: Emma Ríos e David Rubín visitarán a Rúa da BD para asinar exemplares das súas obras.

Entre as propostas expositivas desta 26ª edición, na Sala de Exposicións de Palexco o público poderá visitar Homenaxe a Calpurnio, unha mostra comisariada por Álvaro Pons e Asier Mensuro que supón a primeira homenaxe pública ao ilustrador recentemente falecido. 

Este 2023, Viñetas desde o Atlántico propón un repaso á figura de Calpurnio a través das súas diferentes facetas artísticas, na que será a primeira homenaxe pública ao artista. A mostra Homenaxe a Calpurnio rescata 200 pezas orixinais da súa produción e un centenar de obxectos de colección relacionados coa súa obra.

 

O seu título máis coñecido é El Bueno de Cuttlas, cómics que adquiren gran fama ao ser publicado durante anos en El País Semanal.Calpurnio foi además autor de numerosos traballos audiovisuais e de artes gráficas, que inclúen carteis, portadas de discos e películas de animación. 

Na súa aposta pola transversalidade entre diferentes xéneros artísticos e pola posta en valor da creación local, na mañá de hoxe a música súmase a Viñetas desde o Atlántico 2023 co concerto matinal Viñetas musicais galegas, do que o público poderá gozar no corazón do Salón: Internacional do Cómic: os Xardíns de Méndez Núñez. A actuación -prevista para ás 12 horas-  será da Banda Municipal de Música da Coruña, baixo a batuta de Nilo García Armas.

Ademais, para o público familiar, durante a mañá (de 11.30 a 13.30 horas) estará dispoñíbel a Comicteca infantil no Palco da Música do Xardíns de Méndez Núñez, espazo que pola tarde acollerá dous novos obradoiros para nenas e nenos de Viñetas Lab (ás 18 e 19 horas).

 

Comentarios