A cultura galega homenaxeou a Xaquín Marín en Ferrol

O teatro Xofre de Ferrol ficou pequena na homenaxe ao xenial debuxante.

Xaquín Marín
photo_camera Xaquín Marín intervindo durante o acto de homenaxe no teatro Xofre. (Foto: Nós Diario)

A Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura homenaxeou este sábado ao xenial debuxante galego Xaquín Marín.

O acto arrancou as 19:00 no teatro Xofre de Ferrol é contou coa participación dunha significada representación do mundo cultural galego. A gala estivo presentada polo dramaturgo e actor de teatro Quico Cadaval.

O homenaxe contou coas intervencións de humoristas gráficos, artistas e compañeiros de profesión. Asemade, destacou a música St. James Dixie Band presente en todo momento no acto.

A obra de Marín foi referida por persoeiros da cultura galega, como o debuxante Siro, o deseñador Pepe Barro, a responsábel do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, ou a pedagoga Pilar Sampedro.

O acto rematou coa entrega dun agasallo orixinal ao propio Xaquín Marín, recoñecido en 2019 co Premio nacional Galiza Cultura, realizado polas súas compañeiras e polos seus compañeiros de profesión.

Marín explicou que “quero crer que na miña persoa lembran a moitos compañeiros que axudaron a levantar a caricatura, o humor e a liberdade, tamén a funcionarios, escritores, xente do teatro, filólogos, profesores, poetas, cineastas, cantantes...todos aqueles que loitaron pola dignidade da nosa cultura, da nosa lingua, do noso país».

Traxectoria

Xaquín Marín está considerado como un dos humoristas gráficos máis relevantes da Galiza, cunha traxectoria profesional de máis de 60 anos dedicado ao humor gráfico, a ilustración, a banda deseñada e o debuxo.

Marín é un dos cronistas gráficos da Galiza popular das últimas décadas, creador de infinitos cadros de humor publicados en medios de comunicación durante máis de medio século, será o protagonista dun evento onde contos, humor, música e mesmo o grafismo terán acubillo arredor da súa figura. 

Comentarios