Que facer?

Un concerto de frauta barroca en Allariz para encetar o queixo da finde

morales 600
photo_camera Manuel Morales
  • Sexta feira

 

Maio, mes da lingua

Casa da cultura de Lérez

20.30h

Dentro do programa ‘Maio, mes da lingua’, presentación do libro Alén da casta, de Xabier Pérez Davila, organizado pola Asociación Cedofeita. 

Concerto de Frauta Barroca 

Allariz

Fundación Vicente Risco

20.30h

Concerto de Frauta Barroca a cargo de Manuel Morales, profesor no conservatorio superior de Vigo, con obras de Bach, Boismortier, Hotteterre ou Telemann, entre outros. 

  • Sábado

 

Contadas coa súa voz 

Santiago de Compostela

Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

12.00h

Narración oral coa voz de Carlos Casares, a cargo de Lisístrata co gallo das Letras Galegas, para crianzas de 3 a 12 anos.

Festival GaloRock

Vila de Cruces

Campo da Feira

22.00h

Coas actuacións musicais de Heredeiros da Crus, Fillos do Estramundo, Astarot e Manuel Deandrade. 

Festival Real Coro Toxos e Froles

Ferrol

Teatro Jofre

20.30h

Co gallo do 102 Aniversario do Real Coro de Toxos e Froles, realízase o festival de música, canto e danza galega, con entrada de balde.

  • Domingo

 

Ploff...

San Sadurniño 

Casa da Cultura

19.00h

Unha peza teatral para gozar toda a familia con dous aventureiros como protagonistas á procura da fórmula secreta dun elixir xabonoso.

AIREnoAR

Ponteareas

Auditorio Reveriano Soutullo

20.00h

Un espectáculo de danza moderna e contemporánea, coa linguaxe non verbal como protagonista, son e movemento en estado puro. 

  • Toda a finde

 

Exposición: Laxeiro en conversa

Vigo

Fundación Laxeiro

Até o 15 de xuño.

A mostra toma como fío condutor o Laxeiro máis experimental para marcar unha conexión cruzada cun grupo variado de artistas de xeracións posteriores, tales como Raimundo Patiño, Berta Cáccamo ou Almudena Fernández Fariña. A través dun diálogo híbrido e polivalente, preténdese contrastar diversos aspectos menos coñecidos na obra de Laxeiro.

Comentarios