QUE FACER?

Vigo evoca a figura de Jack Kerouac e a 'beat generation'

kerouac
photo_camera Kerouac [Foto: Tom Palumbo]

O Grove. FESTIVAL NOS SEUS PÉS, NAS NOSAS MANS. Praza do Corgo. Esta sexta feira e o sábado.

Un festival que xunta solidariedade, bon ambiente, concertos e obradoiros durante todo o día, así como contacontos, festa infantil, torneo de baloncesto e até teatro nunha fin de semana. Os ingresos derivados de venta de merchandising, consumicións en barras e donativos voluntarios serán destinados integramente ás organizacións Proem-aid e Project Elea.

Carballo. XORNADAS MICOLÓXICAS. Saída do Fórum. Comeza o sábado (10.30) e até o 28-O.

A Asociación Cultural Lumieira suma 10 anos destas Xornadas Micolóxicas con dúas saídas os días 21 e 28 de outubro, coordinadas por Tomás Rodríguez Novoa e Manuel Pose Carracedo, respectivamente. A xornada arranca pola mañá para saír facer a recolleita. Pola tarde, a partir das 17 horas, procederase á catalogación das especies e farase unha valoración de cada xornada. Previa inscrición.

Ourense. OUFF. Auditorio Municipal de Ourense. Dá comezo esta sexta feira e até o 27-O.

O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) céntrase en dar a coñecer ao mundo o cinema independente e con todo tipo de xéneros.

Pontevedra. INDA SON QUEN ERA ONTE. OFICIOS E LABORES. Teatro Principal. Sábado (20.30 h)

Este espectáculo etnográfico representa a través de 13 escenas diferentes oficios e labores tradicionais galegos do século XIX até comezos do século XX.

Castro Caldelas. PREMIO VICENTE RISCO DE CCSS. Sábado. 12 h.

Entrega do premio e presentación da obra gañadora Enfermos pobres, médicos tristes, de Roberto Fernández Álvarez.

Carballo. MICROTEATRO. Praza do Concello. Sábado. 13 h e 19.30 h.

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é unha obra que utiliza a arte marcial Aikido, a danza contemporánea, o teatro físico ou a danza Butoh para explorar o corpo.

Vigo. KEROUAC DE POESÍA E PERFORMANCE. Varios espazos. Fin de semana e até a segunda feira.

A edición VII deste Festival Internacional xorde na memoria de Jack Kerouac e a Beat Generation, para todos os públicos e con diversas actividades e obradoiros.

Comentarios