Claudio Rodríguez Fer presenta un volume cos seus poemas neoiorquinos

Rodríguez Fer comezou a exercer a docencia na Universidade da Cidade de Nova York en 1992 e, dende entón, volveu en numerosas ocasións á gran metrópole multicultural a pronunciar conferencias sobre literatura ou a ofrecer recitais poéticos, polo que a cidade apareceu con frecuencia na súa obra
Claudio Rodríguez Fer ante os menhires de Carnac
Claudio Rodríguez Fer ante os menhires de Carnac

Hoxe, ás 18.30 horas, no Centro Ramón Piñeiro (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela) terá lugar a presentación de Nova York, Novos Poemas / New York, New Poems, de Claudio Rodríguez Fer, a cargo de Armando Requeixo, profesor e presentador; Jonathan Dunne, tradutor e editor; Diana Conchado, prologuista e tradutora; Claudio Rodríguez Fer, poeta e autor, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística. 

O poeta galego Claudio Rodríguez Fer comezou a exercer a docencia na Universidade da Cidade de Nova York en 1992 e, dende entón, volveu en numerosas ocasións á gran metrópole multicultural a pronunciar conferencias sobre literatura ou a ofrecer recitais poéticos, polo que a cidade apareceu con frecuencia na súa obra. 

 Agora, a editorial Small Station Press vén de editar o libro New York, New Poems / Nova York, Novos Poemas, que reúne en edición bilingüe galego-inglesa a maior parte da poesía que Claudio Rodríguez Fer escribiu en Nova York.

 

A tradución correu a cargo dos filólogos neoiorquinos Diana Conchado e Clifford Irizarry, a primeira dos cales xa realizara outras versións inglesas de poemas de Claudio Rodríguez Fer e fóra responsable da súa panorámica antoloxía bilingüe "Deathless Loves / Amores sen Morte". 

Diana Conchado é autora do prólogo á edición. Nel, Conchado destaca a profunda harmonía presente na poética claudiana: "Dentro do pensamento ecolóxico, a existencia é sempre coexistencia". 

Na presentación lerase o comprometido canto tribal "Revolución rosaliana en Nova York", en homenaxe á emigración e ao exilio dos galegos e das galegas en Nova York. 

 

Comentarios