O catálogo “Artes e Trastornos” preséntase en Fene

fene
photo_camera fene

A adicción á maquillaxe é unha das patoloxias que se abordaron na exposición "Arte e trastornos mentais" impulsada polo laboratorio de creación artística Laudas Calamity.

Este sábado preséntase o catálogo da mostra, nun acto no que tamén se falará dos proxectos de futuro de Laura Bouza. Alumnos e alumnas expoñerán as súas impresións tras ter realizado a intervención artística. Como remate do acto, o grupo Los Jun-kos ofrecerá un concerto.

As fotografías de Xanxe recollen no catálogo obras de pintura, debuxo, escultura e video-arte realizadas por 142 artistas.

Tamén híbridos entre distintas disciplinas como o fotodebuxo e un texto do profesor universitario Alberto Ruiz de Samaniego. Laudas Calamity e Son Radiodifusión queren sensibilizar á cidadanía sobre os trastornos mentais, un tema dificil e doloroso sobre o que aínda existen moitos medos, tabús e estigmas. 

O acto comezará ás sete e media da tarde do sábado 16 de setembro de 2023 no Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. As persoas que se fagan colaboradoras de Son Radiofusión www.teaming.net/radiofusion antes das 2:,59 desta sexta feira 15 recibirán de balde no acto un exemplar do catálogo.

Comentarios