luns 30/11/20

Carlos Babío presenta na Coruña ‘Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio’

O historiador estará acompañado por Manuel Pérez Lorenzo nun acto que se desenvolverá na sede da Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero na cuarta feira, 12 de decembro, ás 20.00 horas

Manuel Pérez e Carlos Babío en Meirás (Erik Dobaño)
Manuel Pérez e Carlos Babío en Meirás (Erik Dobaño)

Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo, autores de Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, presentan o libro na sede da Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero o 13 de decembro ás 20.00 horas, situada na coruñesa Rolda de Outeiro, concretamente no número 396.

Presentación Libro Carlos BabíoMeirás: un pazo, un caudillo, un espolio saíu do prelo da man da Fundación Galiza Sempre a finais de 2017, e é o froito de tres décadas de investigación ao redor do espolio do Pazo de Meirás por parte de Carlos Babío, neto dunha propietaria desaloxada polos Franco na expansión de Meirás.

A relevancia do seu traballo foi tal que un dos hispanistas máis prestixiosos, Paul Preston, considerado unha das voces internacionais máis reputadas na denuncia do franquismo e da pervivencia do réxime na actualidade. O historiador cualificou nas súas redes sociais a  ‘eirás: un pazo, un caudillo, un espolio de “libro sensacional”, e recomendou a súa lectura “para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”.

comentarios