QUE FACER?

Un espectáculo de narración oral e as noites abertas, pórtico da finde desde Pontevedra

  • Sexta feira

Narración Oral

Pontevedra

Biblioteca Pública Antonio Odriozola

18.00h

Espectáculo a cargo de Pavís Pavós ao xeito tradicional de narrar historias, adiviñas, refráns ou xogos, para crianzas de tres anos en adiante. 

Noites Abertas

Pontevedra

Varios lugares

20-22.00h

Nesta nova edición o Froebel contará cunha peza de microteatro, obradoiro de zentangle e máscaras, tenis e baile latino, entre outras actividades. Na Casa Azul realizarán unha sesión de risoterapia con lingua de signos, árabe, meditación e iniciación ao violín, mentres que no Pavillón Municipal haberá Aikido e no Local de Música un combo de improvisación. 

Ciclo de Documentais 'Val de Barcala'

A Baña

Casa da Cultura

20.30h

Primeira xornada dun ciclo de documentarios galegos, coa proxección de Facendo Escola e Unitarias, e posterior coloquio coas realizadoras e realizadores.

  • Sábado

O tolleito de Inishmaan

Viveiro

Teatro Pastor Díaz

20.30h

Unha historia entrañábel e sorprendente, versión moderna dun clásico universal, agora dispoñíbel no teatro galego da man de Cándido Pazó.

IV Serán Precarnaval

Cangas

Local Social de Vilariño

21.00h

Unha nova edición do serán amenizada pola música d’Os demos do buraco, Guarritxais, Serradela, Triskarrandaina e Punkis da Tellada.

Estrea das curtas do III Chanfaina Lab 

San Sadurniño

Casa da Cultura

18.30h

Encontro audiovisual que reúne un grupo de creadoras e creadores que retrataron coa súa mirada particular o municipio, a historia e a súa xente.

  • Domingo

Domingos de Jazz

Santiago de Compostela

Casa das Crechas

20.00h

Moito jazz a cargo de Sumrrá. Piano, contrabaixo e batería, o trío de jazz ofrece un novo concerto onde non faltarán as súas pezas máis representativas. 

EGOlatra2

Bueu

Aturuxo Bar

20.30h

O gaiteiro Cristian Silva, a dúo co acordeonista Suso Iglesias, achega ao público un disco onde a tradición se funde coa modernidade. 

  • Toda a finde

Un mar de sensacións

Carballo

Pazo da Cultura

Até 19.02.2017

Unha exposición inspirada nos poemas que Rosalía Fernández Rial e Xan Fernández Carrera dedicaron á Costa da  Morte. Os artistas Chiña e Mon Lendoiro estabelecen un diálogo cos poetas para crear a súa obra plástica, en que se reinventan os poemas para darlle unha nova fisionomía. Unha homenaxe á Costa da Morte, ao mar e á súa xente, entre rutas e poesía.

Comentarios