O autor ofrecerá unha das conferencias inaugurais

'A Torre', de Sandoval Rey, no festival de literatura sobre natureza de Barcelona

Antonio Sandoval Rey usa a Torre de Hércules como o seu partiulcar Aleph. O faro de orixe romana da Coruña é o centro do mundo, polo menos dun mundo que o autor explora ao longo dunha xornada e logo relata en A Torre (Faktoría K, 2018). Este domingo 21 de outubro presenta o libro no festival LiterNatura de Barcelona.
 

Torre de Hércules
photo_camera A Torre de Hércules, na Coruña. Foto: cedida.

O encontro, dedicado á literatura sobre natureza, comeza no mediodía do sábado. Antonio Sandoval Rey (A Coruña, 1967) encargarase ademais dunha das conferencias de apertura: Que é a literatura da natureza? Ao dóa seguinte, ás dez da maña, ofrecerá a súa propia resposta en forma de libro: “Debullará os aspectos históricos, culturais, antropolóxicos e científicos de A Torre.

Xa en novembro, o autor -comunciador ambiental e ornitólogo- levará a súa obra á libraría Rafael Alberti. Faktoría K, a cuxa colección Vitamina N pertence, tamén publica unha versión en castelán. A serie acollerá antes de finais de ano o segundo título, Corredoira, de Robert MacFarlane, en tradución ao galego de Xesús Fraga.

Comentarios