A arte urbana reinará en Carballo durante toda a fin de semana

[Imaxe: Rexenera Fest]
photo_camera [Imaxe: Rexenera Fest]

O jazz e o alalá: camiños encontrados 

A Coruña 

Librería Berberiana

Sexta feira

19h30

Con motivo da presentación do disco de Pablo Castaño Quartet A-la-láa organízase un coloquio sobre a vangarda e a tradición que contará coa participación de Belem Tajes, Abe Rábade, Simón García e Xosé Lois Romero.

Charla sobre a avespiña do castiñeiro

San Sadurniño

Local social O Castelo de Narahío

Sexta feira

11h00

A Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGFA), en colaboración co Concello de San Sadurniño, organiza unha charla para tratar sobre a praga da avespa do castiñeiro coa finalidade de dar a coñecer as medidas de control que se poden desenvolver para limitar os danos nas colleitas. A charla será impartida por Ramiro Martínez, membro da AGFA e enxeñeiro técnico agrónomo. 

II SELIC

Compostela 

Praza da Quintana 

Desta sexta feira até 10 de xuño

A segunda edición da SELIC encherá a Quintana de actividades arredor do libro con máis de 50 actividades durante unha semana e dirixidas a todos os públicos. 

Somos criminais

Pontevedra 

Pazo da Cultura 

Sábado

20h30 e 23h00 

Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variábeis, desde a arroutada até o asasinato familiar polas herdanzas.

A nena que quería navegar

Cedeira

Auditorio Municipal

Sábado

20h00

Redrum Producciones achéganos con A nena que quería navegar, unha oferta de teatro para todos os públicos onde se trata o acoso escolar.  

Rexenera Fest 2018

Carballo

Diversos espazos

Até domingo

Carballo convértese no epicentro da arte urbana con cinco artistas convidadas que encherán de cor e creatividade cinco muros de gran formato nesta nova edición do festival: Lula Goce (Galiza), Daniel Muñoz "SAN", (Cáceres), Bosoletti (Arxentina), Doa Oa (Galiza) e Milu Correch (Arxentina). Ademais, haberá actividades paralelas como masterclasses, seminarios, microconferencias, un roteiro guiado polas obras do festival e a festa de feche con música en directo.

Festival Elas son Artistas

A Coruña

Diversos espazos

Até 6 de xuño

20h30 

Primeiro festival metropolitano de música e arte pola igualdade. Unha celebración da muller como Artista e como Creadora: danza, pintura, poesía, teatro… e moita música.

Comentarios