A arte a debate en Foz

A Asociación A Pomba do Arco de Foz organiza entre os días 18 e 21 de abril o programa “Sentirmos a arte”, unha serie de mesas de debate tamén con artistas como protagonistas nas que se avaliará o estado actual das distintas disciplinas artísticas.

A Asociación A Pomba do Arco bota a andar entre os días 18 e 21 de abril o programa “Sentirmos a arte”, unha serie de mesas de debate tamén con artistas como protagonistas nas que se avaliará o estado actual das distintas disciplinas artísticas. 

“Creamos para crecer” é o título da primeira das xornadas que leva a Foz a Alberto Pena Rei na segunda feira. Na terza o novo audiovisual será motivo dun encontro coa presenza da productora e cineasta Ruth Chao,  e da fotógrafa e deseñadora Montse Rego, ambas as dúas mariñáns que achegarán a súa experiencia persoal e darán conta do vizo desta disciplina artística en Galiza. 

O Bichero

“A arte que vén” é o título da terceira das xornadas na que falará o profesor da USC, Miguel Anxo Rodríguez, que disertará das novas tendencias artísticas, das mudanzas no proceso de creación, na diversas percepción da obra polo público ao longo da historia

O encontro “Sentirmos a arte” chegará ao seu fin coa cuarta e derradeira charla na que, co título de “O debuxo humorístico”, o debuxante gráfico Luis Dávila “O Bichero” explicará a súa obra e fará unha demostración en directo da súa técnica de debuxo e do seu humor.

Arte na Mariña

As mesas redondas terán lugar tamén no Cenima de Foz, ás 20.30 horas, ofrecendo así a oportunidade de contemplar no mesmo edificio a mostra de obra de trinta dos principais artistas mariñás entre os que se encontran Celso Dourado, Mauro Leivas, David Catá, Alberto Pena, Hector Manasé e Raimundo Rubal. Ademais hai unha mostra de artistas locais en Burela e Xove; e outra de Xosé Vizoso en Ribadeo.
 

Comentarios