Unha ollada AFondo á Semana Galega de Filosofía (I)

Sermos Galiza publica o primeiro número de dous cadernos monográficos sobre a Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao. Mércao xa na nosa loxa. 

Sin título

Coordenado por Xoán Carlos Garrido e Francisco Sampedro editamos un AFondo arredor dalgúns dos pensadores que tomaron parte na Semana Galega de Filosofía organizada pola Aula Castelao. Oito páxinas para afondar no pensamento europeo encol dos procesos revolucionarios. 

Con dúas entrevistas, ao filósofo francés Gérard Mauger e o filósofo marxista italiano, Domeneco Losurdo, debruzámonos nas achegas daqueles pensadores que hoxe son os referentes fundamentais dos “fíos vermellos” -en termos de Maria Ruído- da esquerda europea.

Asemade, Xosé Manuel López Fernández asina un artigo arredor da obra de Terry Eagleton no que coñecermos máis devagar as constribucións deste autor ao Deseño dun círculo marxista. 

Tres eran as premisas de partida coas que a Aula Castelao artellou máis un ano a Semana de Filosofía: (1) Isto non pode seguir así, (2) É necesario mudar (3) Como facer eses cambios. Eis algunhas reflexións que desde Europa nos achegan para transformar o actual estado de cousas. 

Xa podes mercalo na loxa de Sermos Galiza por só 0,50€.

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios