Unha ollada Afondo ás chaves sobre o modelo agrario nacionalista

Sermos Galiza edita un caderno monográfico sobre como enfocar a produción ecolóxica, hoxe e aquí. Disponíbel xa na nosa loxa. 

Capa_AFondo_SG95

O nacionalismo galego ten “un” modelo agrario? “varios”? Acordes cos tempos? O nacionalimso galego ten preocupación ecoloxista? Para si ou per se? Como argumento eleitoral ou raíz teórica?

Eis algunhas da spreguntas que levaron a Xan Pouliquen, agroecólogo, a escribir este caderno monográfico que edita Sermos Galiza. Oito páxinas para re-pensarmos e reflexionarmos sobre agricultura, ecoloxía, xénero e nacionalismo. 

Soberanía alimentar non debe ser un concepto abstacto ao que acudirmos de maneira permanente para reivindicarmos un outro modelo de produción agraria, senón que ha de ter, necesariamente, un contido político co que reivindicar o dereito a decidirmos sobre os nosos propios recursos para garantirmos un dereito fundamental de calquera comunidade, a alimentación. Mais tamén, a súa transformación en produtos de valor engadido cos que desenvolver un sector produtivo vital para a economía galega. 

Sempre coa ollada posta no coidado do principal medio de produción: a natureza. 

A necesaria transversalidade do pensamento ecoloxista e feminista no desenvolvemento do modelo agrario nacionalista, centran estas páxinas que podes mercar xa na loxa de Sermos Galiza. 

Máis en COMUNIDADE SERMOS
Comentarios