Médio século despois, vanse reeditar os álbums da aventura estadounidense de The Beatles

Aconteceu en 1964. O 7 de Febreiro aterraron no aeroporto John F. Kennedy de Nova Iorque. Nada voltaría a ser o mesmo no mundo da música popular. Ao retorno da aventura estadounidense produciron un disco revolucionario, Rubber Soul (1965). Médio século despois, esta segunda feira vanse reeditar os álbums norteamericanos de The Beatles.

beatles
photo_camera The Beatles, á súa chegada aos EUA

En 1964, The Beatles revolucionara xa a música en Europa, mais os Estados Unidos eran aínda unha materia pendente para os Fab Four. A viaxe foi chegar e encher. A banda de Liverpool arrasou nos EUA. O fascinio foi mutuo: John, Paul, George e Ringo produciron un impacto sen precedentes nos círculos musicais norteamericanos e, en troca, se enchouparon das tendencias máis vangardistas da música popular estadounidense. Coñeceron, sobre todo, Bob Dylan. A impresión que o bardo de Minessota marcou en Lennon foi decisiva no rumo posterior da banda británica (Dylan é quen lle puxo cerebro ao rock, afírmase que dixo Lennon).

74 millóns de espectadores!

O debú de The Beatles perante a audiencia estadounidense foi no popular programa de TV The Ed Sullivan Show. 74 millóns de espectadores asistiron esa noite a un show en que os de Liverpool interpretaron cinco cancións, entre elas She loves you e I want to hold your hand. O suceso foi extraordinario. Deviron imediatamente un fenómeno de masas. Entre 1964 e 1966, The Beatles voltaron en varias ocasións aos EUA para actuar ao vivo.

Toda esa experiencia estadounidense está recollida nunha caixa con 13 Cds, intitulada The U.S. Albuns, que recupera os discos lanzados nos Estados Unidos pola banda, con diferentes aliñamentos, mesturas, títulos e capas, en relación ás edicións británicas.

Eses 13 Cds -acompañados por un libro de 64 páginas- vai ser posto á venda en todo o planeta esta segunda feira. Dan conta dun momento fulcral no devir dun grupo que mudou a historia da música popular.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Ao vivo
comentarios