A Xustiza española reactiva as exhumacións no Val de Cuelgamuros logo de suspendelas

Poucos días despois de suspender de forma provisoria os traballos de exhumación de vítimas da ditadura franquista no Val de Cuelgamuros, na Comunidade de Madrid, a Audiencia Nacional española deu marcha atrás hoxe á medida ao constatar que unha denuncia pola vulneración da liberdade relixiosa da familia dunha persoa sepultada, impulsada por unha asociación ultracatólica de extrema dereita, non tiña fundamento.

Entrada ao Val de Cuelgamuros durante o proceso de exhumación. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
photo_camera Entrada ao Val de Cuelgamuros durante o proceso de exhumación. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
Comentarios