Os viaxeiros aloxados en apartamentos turísticos creceron case un 15% en xullo

Os viaxeiros aloxados nos apartamentos turísticos galegos creceron case un 15% o pasado mes de xullo con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, as persoas visitantes que fixeron esta escolla incrementaron a súa estancia media até os 3,81 días, co que as durmidas no mesmo período creceron perto dun 18%. A enquisa de ocupación de aloxamentos turísticos extrahoteleiros evidencia, ademais, que fronte ao mellor comportamento para os apartamentos turísticos no mes de xullo, tanto cámpings como casas rurais caeron en número de usuarios. Os apartamentos aloxaron 39.532 persoas, 5.113 máis que no mesmo mes de 2022. Estas viaxeiras realizaron 150.000 durmidas, o que supón un 17,8% máis que hai un ano.

Turistas nunha rúa céntrica da zona vella de Santiago. (Foto: Arxina)
photo_camera Turistas nunha rúa céntrica da zona vella de Santiago. (Foto: Arxina)
Comentarios