Veciñanza de Recimil e Coeo en Lugo exixe nunha nova protesta un semáforo no paso a nivel onde morreron dous mozos

Veciñanza de Recimil e Coeo en Lugo secundaron unha nova mobilización ante a Subdelegación do Goberno español para exixir a colocación dun semáforo no paso a nivel onde faleceron, en xullo, dous mozos. A protesta foi convocada polas representacións veciñais co obxectivo de reclamar a Adif que coloque un semáforo, á espera de suprimir o citado paso a nivel, principal demanda dos veciños. Fano despois de que protagonizasen diversas protestas para denunciar a falta de seguridade no paso a nivel sen barreiras e no que dous mozos, de 19 e 21 anos, faleceron cando o seu coche foi alcanzado por un tren de viaxeiros durante e arrastrado uns 200 metros.

Unha protesta recente da veciñanza de Recimil e Coeo diante do paso a nivel. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Unha protesta recente da veciñanza de Recimil e Coeo diante do paso a nivel. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios