O tirador galego Juan Antonio Saavedra volve facer historia en Nova Delhi

O tirador galego Juan Antonio Saavedra continúa facendo historia logo de conquistar a medalla de ouro na modalidade de carabina tendida 50 metros SH1, nunha Copa de Mundo que se disputa na localidade india de Nova Delhi.
Alí, o deportista paralímpico -perdeu parte do brazo esquerdo a causa dun cancro que padeceu con 15 anos- non só subiu ao máis alto do podio, senón que cos seus 627 case inmellorábeis puntos rachou cos actuais récords de España e de Europa da categoría.
Gañador da medalla de prata nos Xogos de Londres 2012 e da de bronce en Toquio 2020, o pontevedrés afrontará este verán en París a súa sexta cita olímpica nun gran momento, o que o leva a ser un dos grandes favoritos.
Deportistas da cidade e cargos políticos uniron forzas a prol de Alcer. (Foto: Vicepresidencia Deputación de Lugo).
photo_camera Deportistas da cidade e cargos políticos uniron forzas a prol de Alcer. (Foto: Vicepresidencia Deputación de Lugo).
Comentarios