Suspendidas as visitas ao pazo de Meirás mentres os Franco retiran os bens autorizados polo xulgado

As visitas ao pazo de Meirás quedan suspendidas desde esta quinta feira, día 15, e até novo aviso debido ás dilixencias xudiciais polas que a familia Franco poderá retirar a partir do 26 de xuño os bens autorizados polo xulgado. Vén de notificalo o Concello de Sada, que é o encargado de xestionar as visitas despois de que a propiedade pasase, de maneira provisional, ao Estado. Recibirán un aviso as persoas que xa tiñan feita a reserva e o Concello pide desculpas por esta situación. O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña fixou o 26 de xuño como a data a partir da cal os Franco poderán retirar os bens autorizados, alén daqueles sobre os que non estivo en discusión a propiedade ou que non se reclamaron.
Visitantes nos xardíns do pazo de Meirás. (Foto: Concello de Sada).
photo_camera Visitantes nos xardíns do pazo de Meirás. (Foto: Concello de Sada).
Comentarios