O secretario de Organización do PSOE reúnese con Puigdemont de cara á amnistía das independentistas represaliadas

Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE, xuntouse hoxe en Bélxica co ex presidente catalán Carles Puigdemont, de Junts, no marco das negociacións para que o presidente español, Pedro Sánchez (PSOE), sexa reelixido no Congreso. As partes declararon que as negociacións “avanzan na boa dirección”. As forzas nacionalistas catalás exixen, entre outros, a amnistía das persoas independentistas represaliadas polo Estado para apoiar Sánchez. 

C. Puigdemont (2º pola dereita) e S. Cerdán (3º pola dereita), hoxe. (Foto: Nós Diario)
photo_camera C. Puigdemont (2º pola dereita) e S. Cerdán (3º pola dereita), hoxe. (Foto: Nós Diario)
Comentarios