O Parlamento vietnamita ratifica To Lam, ministro de Seguridade Pública, como novo presidente

A Asemblea Nacional de Vietnam elixiu a cuarta feira To Lam, que exercía como ministro de Seguridade Pública desde 2016, como novo presidente. Lam afirmou que está “determinado a loitar contra a corrupción” na súa primeira intervención. Precisamente cargos de corrupción estiveron detrás da dimisión de Vo Van Thuong en marzo, cando levaba un ano na Presidencia, no marco dunha campaña anticorrupción do gobernante Partido Comunista.
O novo presidente de Vietnam, To Lam, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
photo_camera O novo presidente de Vietnam, To Lam, nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press / Contacto / Xinhua)
Comentarios