28/dec./23 - 15:11
Actualizado: 28/dec./23 - 15:25
Mónica de Nut e Iria Pinheiro estrean un novo espectáculo, 'Kennebec', en Cangas
A actriz e escritora Iria Pinheiro e a cantante, música e performer Mónica de Nut unen forzas en Kennebec, un espectáculo poético-musical de raigame punk. O espectáculo terá a súa estrea oficial esta sexta feira, 29 de decembro, no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo, ás 20 horas. As dúas artistas seguen o ronsel de creadoras como Laurie Anderson ou Björk para experimentar con novas músicas e con formas inusuais de traballar a palabra.
![Iria Pinheiro e Mónica de Nut, nunha actuación. (Foto: Moncho Fuentes / Culturgal)](/asset/thumbnail,1280,720,center,center/media/nosdiario/images/2023/12/22/2023122220340870895.jpg)