A militancia do PS luso elexirá desde mañá quen substituirá Costa á fronte da formación

As e os afiliados ao Partido Socialista luso determinarán nas votacións que darán inicio mañá e que se estenderán até o sábado quen se fará co liderado da organización, que agora ostenta o primeiro ministro en funcións António Costa, de cara aos comicios lexislativos anticipados de marzo de 2024. As enquisas apuntan que o ex ministro de Infraestruturas Pedro Nuno Santos imporase a José Luís Carneiro, titular de Interior, e Daniel Adrião.

Pedro Nuno Santo nunha reunión con simpatizantes o domingo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Pedro Nuno Santo nunha reunión con simpatizantes o domingo. (Foto: Nós Diario)
Comentarios