A maxistrada Rosa del Carmen Collazo xubílase tras máis de 30 anos de exercicio profesional

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, xubilouse esta segunda feira após máis de 30 anos de exercicio profesional. Os seus compañeiros renderanlle homenaxe esta terza cun xantar na cidade do Lérez. Collazo tomou posesión do seu primeiro destino, o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, en xaneiro de 1990. En decembro do ano seguinte marchou a Terrassa (Catalunya), tras o que regresou á Galiza para tomar posesión, en 1994, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Santiago. No ano 2004 tomou posesión do Xulgado do Penal número 1 da capital galega e en 2011 incorporouse á sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, destino no que permaneceu até a súa xubilación.
A maxistrada Rosa del Carmen Collazo.
photo_camera A maxistrada Rosa del Carmen Collazo.
Comentarios