Un home é condenado a pagar 3.960 euros por abusar sexualmente dunha veciña nun ascensor

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza da Galiza confirmou a condena do pago dunha multa de 3.960 euros a un home por abusar sexualmente da súa veciña nun ascensor. Desta forma, avalou a sentenza da sección sexta da Audiencia da Coruña, que no seu relato de feitos probados indica que, o 23 de xullo de 2019, o acusado, "con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais e aproveitando o feito de que a prexudicada subía con el no ascensor do seu edificio", pediulle que lle dese un abrazo, ao que accedeu a prexudicada por ser coñecidos e manter unha relación de amizade e veciñanza desde hai moitos anos. Nese momento, segundo o fallo, agarrou á muller "fortemente polas nádegas, mordeuna na zona do pescozo e lambeulle o lóbulo da orella dereita, á vez que tentaba darlle bicos", até que a vítima o apartou cos brazos, momento en que conseguiu saír do ascensor.

Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
photo_camera Sede do TSXG, na Coruña. (Foto: Xoán Roberes)
Comentarios