Gandeiros convocan unha nova tractorada en Lugo para esta quinta feira

Gandeiros de carne convocaron unha tractorada esta quinta feira ás 12.30 horas en Lugo, en contra de recortes na política agraria común (PAC) e para dicir 'non' aos baixos prezos da Tenreira Galega Suprema en orixe. Esta convocatoria, que parte do colectivo Gandeiros Galegos da Suprema, tamén busca dicir non aos "excesivos prezos" nos custos de produción.

Tractorada o pasado 18 de abril en Lugo en protesta polos altos prezos (Foto: Nós Diario)
photo_camera Tractorada o pasado 18 de abril en Lugo en protesta polos altos prezos (Foto: Nós Diario)
Comentarios