Galiza rexistra varios terremotos nas últimas horas, o último na Fonsagrada

Varios municipios galegos rexistraron movementos sísmicos, en concreto o último esta madrugada na Fonsagrada, segundo datos publicados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN). O sismo, de magnitude 1,6 na escala Ritcher, produciuse ás 04.07 horas. O tremor orixinouse a 11 quilómetros de profundidade, nas coordenadas 43.1804 de latitude norte e 7.0674 de lonxitude oeste. Nos últimos días, rexistráronse tamén sismos noutras localidades galegas. Así, o sábado día 29 notificouse un tremor no municipio de Malpica de Bergantiños ás 22.19 horas, cunha intensidade de 1,7 na escala Ritcher a unha profundidade dun quilómetro.

Unha vaca pasta con fondo de bosque queimado no lugar do Sollío, en Baleira (A Fonsagrada). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
photo_camera Unha vaca pasta con fondo de bosque queimado no lugar do Sollío, en Baleira (A Fonsagrada). (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Comentarios