O espolio nazi dos cadros de Bouts e a devolución do Museo de Pontevedra a Polonia, ao cinema

Os cadros da Dolorosa e o Ecce Homo da escola de Dieric Bouts, espoliados polos nazis, e a súa devolución a Polonia por parte do Museo de Pontevedra saltarán ás pantallas proximamente. A produtora polaca Mewa Film vén de solicitar colaboración tanto ao Museo como á Deputación no proceso de documentación para elaborar esta peza audiovisual. Desde esta empresa cualificaron a actuación do ente provincial de "exemplar e respectábel" e quixeron incluíla no seu relato da historia destas pinturas.
A Deputación de Pontevedra devolveu estas pezas de Bouts a Polonia. (Foto: Rafa Estévez)
photo_camera A Deputación de Pontevedra devolveu estas pezas de Bouts a Polonia. (Foto: Rafa Estévez)
Comentarios