A Enduro Monte Castelo levará o mellor da modalidade a Burela

A cuarta edición do Enduro Monte Castelo, que neste 2024 tamén exercerá como Campionato da Galiza da modalidade, levarase a cabo esta fin de semana en Burela (A Mariña), até onde viaxarán máis de 100 ciclistas de montaña da Galiza e Asturias de todas as categorías de idade masculinas e femininas desde a cadete até a máster. Esta competición contará con cinco tramos cronometrados en distintos circuítos, un deles cun percorrido enteiramente  urbano -que comeza a metros escasos da Variante, nun dos puntos máis altos da localidade, e que remata na Praza do Concello- e outros catro no Monte Castelo. Con respecto aos seus horarios, o sábado, 25 de maio, están programados os adestramentos e os primeiros remontes do circuíto urbano cronometrado, mentres que o resto das probas serán o domingo, 26 de maio, comezando a xornada ás 9 horas no primeiro dos 28 quilómetros que conforman un circuíto que ten 1.400 metros de desnivel.
 
Os preparativos para o circuíto prometen facer de Burela un escenario espectacular. (Foto: Enduro Monte Castelo).
photo_camera Os preparativos para o circuíto prometen facer de Burela un escenario espectacular. (Foto: Enduro Monte Castelo).
Comentarios