Denuncian discriminación e falta de transporte escolar no CEIP Igrexa-Candeán, en Vigo

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) vén de denunciar a situación que se vive actualmente no CEIP Igrexa-Candeán, situado nunha parroquia rural do concello de Vigo, e que é “representativa da marxinación que sofre o rural galego”. O CEIP pasou de ter 200 matrículas hai 15 anos a 70 no presente curso, debido entre outras cousas “á falta de transporte escolar que leva a moitas familias a matricular ás súas crianzas nos centros privados-concertados, os cales dispoñen de transporte escolar”, indican.
Vista exterior do CEIP Igrexa-Candeán, en Vigo (foto: Google Maps).
photo_camera Vista exterior do CEIP Igrexa-Candeán, en Vigo (foto: Google Maps).
Comentarios