Dan comezo os debates e votacións en Portugal do Orçamento do Estado de 2024

A Assembleia da República de Portugal inicia hoxe o debate e votación das máis de 1.900 emendas á proposta de Orçamento do Estado de 2024 efectuada polo Partido Socialista (PS), a última sesión deste tipo con maioría absoluta da formación, antes dos comicios adiantados do 10 de marzo. O PS anunciou que aprobará na primeira xornada "máis de 20 propostas da oposición". Está programado que a votación final decorra a próxima cuarta feira.
O primeiro ministro luso, António Costa, esta semana. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O primeiro ministro luso, António Costa, esta semana. (Foto: Nós Diario)
Comentarios