O conservador Prabowo Subianto proclama a vitoria na primeira volta electoral en Indonesia

Baseado en recontos extraoficiais que elevan os seus apoios a entre 57% e 59% da poboación indonesia que participou nas eleccións presidenciais de hoxe, o ministro de Defensa, o conservador Prabowo Subianto, reclamou a súa vitoria xa na primeira volta. Durante a ditadura de Mohammad Suharto, apoiado por Occidente, foi acusado de torturas e desaparicións forzosas.

Xornada electoral onte no sur da illa indonesia de Sulawesi. (Foto: Herwin Bahar / Zuma Press / ContactoPhoto)
photo_camera Xornada electoral onte no sur da illa indonesia de Sulawesi. (Foto: Herwin Bahar / Zuma Press / ContactoPhoto)
Comentarios