O Ciclocrós Cidade de Santiago reunirá perto de 300 participantes de entre 14 e 69 anos

Este domingo, 26 de novembro, e nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete, preto de 300 ciclistas de entre 14 e 69 anos chegados de todos os recunchos do país e mesmo de fóra do territorio galego pedalearán os 2.600 metros dun renovado circuíto do Ciclocross Cidade de Santiago, proba que forma parte da Copa Galiza da modalidade. A concelleira de Deportes da capital, Pilar Lueiro, acompañada de Abel Gómez (presidente do Club Ciclista Compostelano), Alberto Del Río (técnico da Federación Galega de Ciclismo) e Alberto Ferreiro (técnico do Club Ciclista Compostelano) presentaron onte un certame que botará a rodar ás 9.30 horas da mañá e que conta coa categoría de evento puntuábel para a Copa de España de Ciclocrós.
Alberto Ferreiro, Abel Gómez, Pilar Lueiro e Alberto Del Río. (Foto: Concello de Santiago).
photo_camera Alberto Ferreiro, Abel Gómez, Pilar Lueiro e Alberto Del Río. (Foto: Concello de Santiago).
Comentarios