O BNG promove a cesión da parcela de Peleteiro, en Compostela, para destinala a vivenda pública

A candidata do BNG á Alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego anunciaron a proposta para que o Goberno do Estado, no concreto a Sareb, ceda a parcela de Peleteiro para destinala a uso público, para favorecer a construción de vivenda pública de aluguer, un centro de día, un centro sociocultural e unha praza aberta para o encontro e o lecer.
Goretti Sanmartín e Néstor Rego esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera Goretti Sanmartín e Néstor Rego esta sexta feira (Foto: Nós Diario).
Comentarios