O BNG de Ourense afea a actitude de Xácome nos plenos e propón modificar o Regulamento

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego do Concello de Ourense afeou as actitudes do rexedor municipal da cidade, Gonzalo Pérez Xácome, nas últimas sesións plenarias, anunciando que presentarán iniciativas encamiñadas a cambiar o que consideran "un despropósito que vai en aumento". A edil nacionalista, Erea Branco avanzou que proximamente trasladarán unha proposta de modificación do Regulamento de Funcionamento Orgánico do Concello. "Entendemos que o funcionamento do Concello non está a ser adecuado e está na nosa man modificar esta ferramenta, que debe actuar a favor da participación e do debate, non servir aos intereses de quen estea no poder nese momento", manifestou a concelleira.

Rhut Reza, Erea Blanco e Luís Seara en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
photo_camera Rhut Reza, Erea Blanco e Luís Seara en rolda de prensa (Foto: Nós Diario).
Comentarios