Baloncesto e solidariedade danse a man na Coruña

Este próximo domingo, día 19 de novembro, o Básquet Coruña, terceiro clasificado na LEB Ouro, aproveitará o partido que disputará ás 19 horas da tarde no Pazo dos Deportes de Riazor para unir forzas co Banco de Alimentos Rías Altas e a súa campaña A Gran Recollida. "Con intención de apoiar a causa dunha forma máis participativa e de dar maior visibilidade á acción que a nivel estatal realiza cada ano o Banco de Alimentos, ofreceremos un troco de boletos por comida até un máximo de 1.000 invitacións". Cun límite de unha por persoa, entre os produtos máis demandados destacan "leite infantil, potitos, aceite, leite, café, cacao, azucre, comida en lata, pasta ou fariña".
Saltará á pista do Cáceres estremeño ás 20.45 horas de hoxe. (Foto: Leyma Coruña).
photo_camera Saltará á pista do Cáceres estremeño ás 20.45 horas de hoxe. (Foto: Leyma Coruña).
Comentarios