Agora

Alerta amarela por temporal costeiro na Costa da Morte

O litoral da Costa da Morte estará este domingo en alerta amarela por temporal costeiro con ventos do sur, entre Fisterra e Cabo Vilán de forza sete. Meteogalicia activou a alerta desde as 9 até as 21 horas deste 28 de xaneiro. Durante esa xornada Galiza estará nunha situación intermedia entre as altas presións que se move cara ao leste da Península e unha baixa centrada ao oeste de Portugal. Por iso, os ceos terán nubes de tipo medio e alto, máis compactas durante a mañá na metade oeste. As temperaturas mínimas non sufrirán cambios, pero as máximas rexistrarán un lixeiro descenso. Vigo, con 23,4 graos anotou este sábado a temperatura máxima da Galiza. Abegondo, A Coruña, Boiro e Meaño, nas comarcas da Coruña, A Barbanza e Pontevedra, superaron os 22 graos.
Ondas no litoral coruñés. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Ondas no litoral coruñés. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios