Activo un incendio en Santa Trega, no concello da Guarda

Un incendio no monte de Santa Trega, no municipio da Guarda, permanece activo e xa calcinou sobre 1.000 metros cadrados, 0,1 hectáreas, e prevese "que non vaia a aumentar moito máis". Segundo fontes da Consellsría do Medio Rural, o aviso de incendio saltou sobre as 18.30 horas na parroquia de Camposancos. Até o lugar mobilizáronse dous axentes, seis brigadas, catro motobombas e dous helicópteros que traballan para tentar sufocalo.

Restos arqueolóxicos de Santa Trega. Ao fondo, A Guarda. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Restos arqueolóxicos de Santa Trega. Ao fondo, A Guarda. (Foto: Nós Diario)
Comentarios