SOCIAL

GALERÍA | Así está a planta de reciclaxe de Lousame: o comité de empresa de FCC alerta do "absoluto abandono"

O comité de empresa de FCC alertou do "estado de absoluto abandono" no que se atopa a planta de tratamento de residuos de Lousame e denunciou "a manifesta incapacidade" da Mancomunidade da Serra do Barbanza (propietaria das instalacións) para xestionar adecuadamente este servizo e darlle solucións aos múltiples problemas que arrastra. O representante da CIG e voceiro do comité, Paulo Rubido, lembrou esta terza feira que os problemas da planta veñen de hai máis dunha década pola falta de mantemento, conservación, renovación ou adecuación da planta aos cambios normativos.

Ante esta "gravísima situación", o comité de empresa exixiu a intervención da Xunta de Galiza e que todos os grupos parlamentarios acorden "unha fórmula, ben sexa a través dun convenio de colaboración, ben a través da integración da planta na rede de tratamento de residuos autonómica mantendo o seu modelo específico", para garantir "a participación da Administración galega na planta de Lousame, unha xestión adecuada e o mantemento dos máis de 160 postos de traballo".

Comentarios