POLÍTICA

Así foron as distintas homenaxes do nacionalismo galego a Moncho Reboiras

O nacionalista Moncho Reboiras foi homenaxeado en varios actos este 12 de agosto, no 47 aniversario da súa morte. A Unión do Povo Galego (UPG) e o Movemento Arredista fixeron senllas conmemoracións no cemiterio de Imo, no municipio de Dodro. A UPG, ademais, tamén realizou un acto en Ferrol. A Unión da Mocidade Galega (UMG), organizou unha conferencia en Fene. Pola súa parte, o Concello de Dodro inaugurou a placa da nova rúa na súa honra.

Comentarios