Opinión

Obama-Habana


O 21 e 22 de marzo o presidente estadounidense Barak Obama e a súa muller visitarán La Habana. Obama xa adiantou o tema do seu discurso cando afirmou que «aínda tiñan diferenzas co Goberno cubano e que Estados Unidos estará sempre a prol dos dereitos humanos en todo o mundo». Iso e nada é o mesmo. O primeiro presidente que introduciu o tema dos dereitos humanos como alicerce da política do Goberno de Estados Unidos, Jimmy Carter, é o único presidente non reelecto dese país. Os dereitos humanos desde esa época forman parte do tambor do revólver dos distintos gobernos estadounidenses, empregados e exixidos a outros Estados, sempre do chamado terceiro mundo, e inexistentes nas conversas e nas políticas estadounidenses no chamado primeiro mundo.

Desde a súa pequena e modesta condición, Cuba é peza chave no sustento médico e no ensino de africanos e latinoamericanos

Ningún país do mundo ten un currículo tan extenso como Cuba na implantación de dereitos humanos no mundo. Desde a súa pequena e modesta condición, é peza chave no sustento médico e no ensino de africanos e latinoamericanos. Só Cuba permanece no Haití esnaquizado que abandonaron todos os Estados do mundo.

Falará Obama en La Habana de Haití ou da participación activa e armada de Cuba nas loitas de liberación de África que resultaron na fin do apartheid surafricano? Ou os dereitos humanos redúcense a mercar bens de consumo, incluídos dentro destes o ensino e a saúde, e a poder ter 100 canles de televisión.

Posteriormente Obama viaxa a Arxentina. Falará con Macri de dereitos humanos?

Comentarios