Opinión

Doroteo Arango

Hai anos, cando comezaba a revolución bolivariana e Chávez levaba pouco tempo de presidente, tiña a radio posta o condutor dun por puesto (autobús de transporte público) no que lembraban aos ouvintes a data de nacemento e a biografía de Rosa Luxemburg. 

Pensaba na marabilla de poder escoitar iso, no Caribe, que no maxín dalgún pasaxeiro “prendese” o exemplo desta revolucionaria, asasinada a culatazos da “autoridade legal” do momento, que un día dixo “eu son unha terrorista”.

Por iso quero compartir neste Caribe galego a fazaña do camarada Pancho Villa (Doroteo Arango), que hai un século atacou Estados Unidos para defender as fronteiras que hoxe son cercadas, valadas e vixiadas por altos muros para manter “a chusma (do sur) a raia”. 

“Aquí todos debemos dar por la revolución cualquier cosa, aunque no más sea la vida”. Pancho Villa. 

Comentarios