Opinión

O potencial humano e dialéctico do BNG

O 18 de febreiro de 2024 abre, para a historia política de Galiza, un anunciado portentoso de superar tempos que xa non nos pertencen e que o pobo galego confirmou un enorme potencial humano que promoveu unha mudanza á que todos aspiramos: normalizar as nosas vidas e impulsar nación; promovendo a solvencia que o pobo galego depositou no Bloque Nacionalista Galego, neste último proceso de esperanza. Esta esperanza tan motivada que conquistou óptimos resultados para o noso lacerado país. Unha desexada reconquista, de tantos esforzos, para sublimar e exaltar eses valores de pertenza, e ser nós mesmos os que escollemos o mellor pontón para asegurar con firmeza e confianza a estrutura de mantemento da nosa casa común. A casa, espazo de nobres fidelidades por ser a nosa primeira nación.

A forza nacionalista do Bloque, potencial dese impulso transformador, entra nun innovado estadio de coherencias e propostas populares, de sólida credibilidade e pragmatismo que nos conduce a un sólido espazo dialéctico que é, sen dúbida, a de engrandecer valores democráticos que exalten ese enorme e coordinado esforzo que o BNG colleitou suculentos froitos. Mais a sementeira continúa con máis firmeza e convicción para xerar un estado de opinión no que se debatan temas de extremada necesidade que os gobernos en curso non estimaron o que é prioritario para o conxunto da poboación.

Ese amplo espazo desatendido, como é o sector sanitario, o ensino, o transporte no rural, infraestruturas, o plan eólico que asocia puntuais devastación nos nosos espazos naturais xuntamente coa proliferación depredadora dos eucaliptos, a grave emigración da mocidade galega de alto coeficiente e vítima do desemprego. Estes puntos negros foron expostos á sociedade galega e combatidos coa presenza de puntuais manifestacións, onde a presenza do BNG fundamentou contundencia sensibilizadora, con ese portento de credibilidade que fortaleceu á opción nacionalista.

Mais o liderato de Ana Ponton e a súa credibilidade, apuntalan ese proxecto harmónico lexitimando o in crescendo que confirma o vital dun relato de liderar o Bloque desde unha concepción de achegamento ás persoas que soportan determinados problemas. Pontón, en súas exposicións, conectou coa realidade pobo, porque procede do universo labrego e sabe mirar aos ollos do interlocutor, e transmitirlle palabras que emiten emoción transformadora, con capacidade de implicar a un no que ela promove e defende.

Ana Pontón non deixa de ser unha garantía para o nacionalismo galego, no que cabe todo Galiza. O deixou claro nas eleccións do 18 de febreiro, de que este país non é acto para que o gobernen persoas pasmadas e dependentes dos que provocan parálise. Pontón -pola súa orixe rural- posicionouse pola igualdade e liberdade de xénero, prestando atención ás mulleres para combater marxinacións e desigualdades. O “Diario de Sesións do Parlamento de Galicia” recolle os discursos de Ana Pontón con abastadas referencias a exaltación das mulleres e contra a permanente depredación que elas soportan. Ana Pontón posicionouse abertamente na loita feminista, xerando no BNG estímulos feministas que deron froitos moi positivos, recollidos nas últimas eleccións autonómicas. Esa vangarda feminista de deputadas bloquistas que a acompañan e conforman ese coro de voces que ecoan por todas as xeografías galegas, emitindo mensaxes de integración liberadora. Penso en Mercedes Queixas Zas, Olalla Rodil, Noa Presas, entre tantas outras que conforman esa estabilidade de xénero do BNG, no Parlamento galego e fóra del.   

Comentarios