Opinión

As trampas do Frob

A-suposta-concorrencia competitiva  para a adxudicación de NGB BANCO leva camiño de se converter no proceso máis amañado e menos transparente da historia bancaria europea. Ao comezo,  ficou abondo claro que só a opción dirixida polo Fondo Guggenheim era quén de manter unha oferta de banca minorista 

A-suposta-concorrencia competitiva  para a adxudicación de NGB BANCO leva camiño de se converter no proceso máis amañado e menos transparente da historia bancaria europea. Ao comezo,  ficou abondo claro que só a opción dirixida polo Fondo Guggenheim era quén de manter unha oferta de banca minorista  dende o noso País e respectuosa co domicilio social, a rede, a marca,  o emprego e a vocación galega.

"A-suposta-concorrencia competitiva  para a adxudicación de NGB BANCO leva camiño de se converter no proceso máis amañado e menos transparente da historia bancaria europea". 

E,  por outra banda, os bancos estatais licitadores (BBVA, Santander e Caixabank) axiña decatáronse da sua desavantaxe fronte a unha opcion- que, por loxica, ía ser mellor en prezo pola súa falla de rede.  Fondos que mesmo a fins do 2012 non contaban para os argallantes do FROB e do Banco de España.

Velaí que os tres mosqueteiros tirarán de cadansúa espada para rachar as regras a metade de partido, que é o que adoitan facer as autoridades económicas españolas en prexuizo dos intereses galegos. Primeiro foi a imposición aos Fondos dun depósito para participar de 800 M€, esixencia que non se lle impuxo aos bancos estatais. Semellaba clara a xogada para neutralizar o Plan Castellano.

"De se consumar esta falcatrúada consumarase o expolio dunha parte substancial do aforro galego e demostrarase o  pouco poder do noso Presidente e do noso Goberno".

Despois, manifestouse que o mantemento da rede, do emprego e da oferta financeira non ía ser avaliada, só o prezo. Mais éste non habería computar só pola oferta, senón pola capacidade de que o gañador percebise créditos fiscais, dun máximo de 2000 M€ no caso de gañar os Fondos e de 4500M€ no caso dos bancos estatais. Semellaba que esta diferenza de 2500 M€ habería incrementar a oferta dos Fondos, pois que estes créditos fiscais son deducíbeis dos beneficios futuros na súa totalidade ao longo dos exercicios 2014 ao 2017. Porén,  seica o FROB voltou rachar as regras ao comezo da segunda parte e agora manifesta que estes 2500 M€ de perda para o Estado non computarán no prezo a considerar. Toda unha indicación de que o proceso está trucado e non paga a pena que os Fondos sigan.

De se consumar esta falcatrúada consumarase o expolio dunha parte substancial do aforro galego e demostrarase o  pouco poder do noso Presidente e do noso Goberno. Velaí que os silencios, nesta altura, sexan culpábeis, cando non doente expresión de impotencia. 

Comentarios