Opinión

Un país desindustrializado

O peor dos datos do emprego na nosa Galicia xa non son uns níveis elevados de desemprego, unha baixa actividade ou a volta dunha sangría emigratoria. O peor é unha dinámica de desindustrialización que nos últimos cinco anos ten destruido un terzo do emprego industrial existente a mediados do 2008. De xeito que temos destruído todo o emprego industrial xerado nos vinte anos anteriores ao comezo desta Grande Recesión.

O peor dos datos do emprego na nosa Galicia xa non son uns níveis elevados de desemprego, unha baixa actividade ou a volta dunha sangría emigratoria. O peor é unha dinámica de desindustrialización que nos últimos cinco anos ten destruido un terzo do emprego industrial existente a mediados do 2008. De xeito que temos destruído todo o emprego industrial xerado nos vinte anos anteriores ao comezo desta Grande Recesión.

"O peor é unha dinámica de desindustrialización que nos últimos cinco anos ten destruido un terzo do emprego industrial existente a mediados do 2008".

Certo é que a Xunta, agas accións illadas nos sectores do autómobil non foi quen a estruturar unha política industrial. Mais tamén os gobernos de Zapatero e Rajoy careceron da mesma. Durante o mandato do primeiro entrouse de esguello no debate a necesidade de sentar novos alicerces para a economía, de construir un modelo que fora quen de relevar a economía baseada no turismo e na construción. Mais ninguén voltou falar daquilo e o ritmo de destrución de emprego industrial no conxunto do Estado español foi, tamén, notábel.

Neste primeiro trimestre do 2014 seica hai algún sinais contraditorios na economía (non no noso País,onde case todo vai mal), mais dende logo non hai boas novas para a industria. Porque o incremento dos custos da enerxía (superior ao 30% a respecto de moitas empresas) ten compensado negativamente toda a mellora da competitivade exterior produto da deflacción salarial. E varios xigantes industriais enfrontan tensións imposíbeis de tesouraría, como o Grupo Torras. Importantes industrias galegas, pertencentes a sectores estratéxicos para este país, viven os seus peores intres desque principiou esta Recesión.

"Importantes industrias galegas, pertencentes a sectores estratéxicos para este país, viven os seus peores intres desque principiou esta Recesión".

O recurte da capacidade produtiva ten sido moi importante. Mais o peor é que o emprego industrial é pouco recuperábel. Corremos o risco de destragar a capacidade de milleiros de bos traballadores que serán en poucos anos moi difícilmente substituíbeis.

Pablo Isla, presidente de Inditex, ven de dicilo ben claro no Foro Global de Bilbao: fóra das sociedades industriais é difícil acadar unha boa calidade de vida. Mágoa que os Gobernos non escoiten o que di a primeira empresa galega.   
                 

Comentarios