Opinión

Todas somos elas

Sentada baixo o pouco sol que asoma en novembro, con frío, gripe e o mal estar xeral que causan teño un deses días de estar a malas co mundo, de non entender nada, de non querer saber nada dos mil e un ataques do sistema contra nós que tiveron lugar esta semana. Podería ser un día calquera da semana, mas conciliar ocupacións socias, políticas, laborais e descanso é outro deses horizontes cara os que camiñamos sen descanso, e nunca acertamos a chegar. Poñamos que é luns, eses días malditos. 

Sentada baixo o pouco sol que asoma en novembro, con frío, gripe e o mal estar xeral que causan teño un deses días de estar a malas co mundo, de non entender nada, de non querer saber nada dos mil e un ataques do sistema contra nós que tiveron lugar esta semana. Podería ser un día calquera da semana, mas conciliar ocupacións socias, políticas, laborais e descanso é outro deses horizontes cara os que camiñamos sen descanso, e nunca acertamos a chegar. Poñamos que é luns, eses días malditos. 

"Penso nas compañeiras con crianzas e nesas xornadas que multiplican as miñas e sinto que quizáis me queixe demáis ao fin eu só sufro algunhas das múltiples violencias que o sistema ten reservadas para nós".

Podía estar a malas co mundo polo desafortunado comentario que o martes pasado unha desas persoas a ben coa sociedade na que vive fixo sobre o meu corpo ou polo desprezo que sentín non poucas veces esta semana polas miñas opinións polo simple feito de que as fai unha muller de trinta e algo anos e non un señor con gravata de cincuenta e tantos. Podería estar a malas co mundo pola sensación que me deixou a participación nun proxecto sobre a situación das mulleres retornadas que a través dunha entrevista me fixo ver a miña historia recente dunha maneira en que poucas veces a miro ou pola nula perspectiva laboral dunha sociedade deseñada para que eu sexa o que me deixen ser mentres cumpla os requisitos que outros impoñen. 

Seguramente sexa por cansancio, dese que acaba facéndonos enfermar, ese cansancio das duplas e triplas xornadas de traballo dentro e fóra do fogar, ese que colleitamos día a día ocupándonos das amigas, da familia, das mascotas, do traballo, da organización, da militancia, do fogar, ese que non se fai se non o facemos, se non insistimos en que se faga, se non empregamos o noso tempo en tarefas que deberan ser partilladas e asumidas por tod@s.

E a quen non lle pasa? penso nas compañeiras con crianzas e nesas xornadas que multiplican as miñas e sinto que quizáis me queixe demáis ao fin eu só sufro algunhas das múltiples violencias que o sistema ten reservadas para nós. Que te insulten verbalmente non se pode comparar a unha agresión sexual, que minusvaloren as túas opinións por ser mullere non é unha agresión física. A dupla xornada non é levar o peso da educación e coidado dunhas crianzas, de persoas de maior idade, que o amor romántico te convirta nun obxeto propiedade d@ outr@ non é o mesmo que ser asasinada.

Eu son, entón, das privilexiadas, das que non vive por debaixo do umbral da pobreza, das que non fomos traficadas para o abuso sexual, das que non somos agredida sexualmente cando exercemos o noso dereito a ir pola rúa a hora que queremos por onde nos dá a gana, das que non soportan todo o peso da unidade familiar ou o estigma de rachar con esa unidade familiar fonte de agresións, das que non somos agredidas pola parella, das que non fomos asasinadas.

"Identificar as violencias que sufrimos fainos a todas parte da mesma loita por eliminalas".

Mas sei que o grado en que sufrimos as agresións e as violencias machistas non nos distancia, non nos sitúa a unhas fronte a outras senón todo o contrario. Identificar as violencias que sufrimos fainos a todas parte da mesma loita por eliminalas, porque sen os insultos, os desprezos, as desigualdades, os ciumes, o amor romántico, as duplas ou triplas xornadas, o control ou a violencia verbal non habería tráfico, agresións sexuais ou asasinatos. Cando penso na violencia machista non quero pensar nos grados en que se expresa e ter que aclarar que non os comparamos, iso debera estar claro. Quero pensar na forma en que a combatemos e creo que hai só unha, darnos conta dunha vez e para sempre que ante a violencia machista todas estamos do mesmo lado, que como di esta ano a campaña do BNG TODAS SOMOS ELAS.

E sobre as políticas públicas e as políticas do PP? pensará alguén… e digo eu, non leva anos suficiente o movemento feminista galego denunciando e traballando en construír alternativas feministas en todos os ámbitos da vida para que teñamos claro o que temos que facer nas institucións?

Comentarios